CONCURSO DE COMPARSAS DE CARNAVAL EN A CAÑIZA

O Concello abre o prazo de inscrición ata o día 7 de febreiro.

BASES  Concurso de comparsas Entroido 2013” do Concello da Cañiza

O vindeiro domingo día 10 de febreiro terá lugar no noso concello o Concurso de comparsas, de acordo coas seguintes:

BASES:

  1. A participación implica a aceptación destas bases e está aberta a todas as asociacións de veciñas e veciños, culturais, xuvenís, grupos , colexios, etc.. As cuestións de dúbida, interpretación ou imprevisto que xurdan no desenvolvemento do Entroido serán resoltas pola Concellería de Cultura.
  1. O desfile terá lugar o domingo 10 de febreiro.
  1. Existen unicamente dúas categorías:

-Infantil (ata os 14 anos incluídos)

-Adulto (a partir de 15 anos)

Considérase comparsa infantil, aquela que ten un mínimo de 60 % de nenas-os (ata os 14 anos incluídos) , todas aquelas comparsas que no cumpran esta porcentaxe serán consideradas adultas.

  1. As comparsas deberán ter un mínimo de cinco compoñentes.
  1. O lugar de concentración de todas as comparsas será a explanada traseira do CPI da Cañiza da Cañiza, sito na Rúa Carballo do Marco.
  1. A hora fixada para a devandita concentración das comparsas é ás 16:30 h., de tal xeito que ás 17 h. todas as presentes sairán en desfile cara ao Pavillón Municipal.
  1. A inscrición das comparsas farase na O.M.I.X. da Cañiza (sita na Casa de Cultura) en horario de 16 a 20:00 h. ou ben na B.P.M. da  Cañiza (sita na rúa Progreso nº 21)  en horario de 10:00 a 13:00 h. e de 16:30 a 20h.
  2. O prazo improrrogable de inscricións de comparsas remata o 7 de febreiro ás 13 h.
  1. Para este concurso establécense os seguintes premios por categorías:

Comparsas de adultos.-

1º Premio :          500 €

2º Premio :           300 €

3º Premio :           200 €

 

Comparsas infantís.-

1º Premio :           500 €

2º Premio :           300 €

3º Premio :           200 €

 

  1. O Concello da Cañiza ofrece unha axuda/subvención de 6 € para todos os participantes que completen o desfile., cuxos membros estean maioritariamente empadroados no Concello da Cañiza.

11)O concurso de comparsas terá un xurado constituído por un mínimo de tres compoñentes, que terá en conta para tomar a súa decisión: o desfile , a calidade dos disfraces ( se son comprados ou feitos  a man), a actuación,  a graza e o bo humor co que se leva o disfraz. Así mesmo, este xurado poderá descualificar a aqueles participantes que non reúnan a calidade necesaria, quedando estes sen dereito a premio e a subvención.

12) A actuación das comparsas participantes terá lugar no Pavillón Municipal da Cañiza e  realizarase por orde de inscrición.

13) As axudas (seis € / participante) e os  premios serán entregados polas autoridades asistentes, unha vez rematen todas as actuacións.

14) A participación neste concurso leva implícita:

-A aceptación destas bases.

-A recollida da subvención e do premio, se é o caso, por parte de, polo menos, un integrante de cada comparsa, no palco montado para a ocasión, no mesmo lugar da actuación.

-Non está permitido o acceso á pista de ningún tipo de vehículo ou  animal.

  Cartel do entroido 2013 en pdf.pdf

Los comentarios están cerrados.