I CONCURSO “A CAZA DO FOLCLORE” EN A CAÑIZA

c3698948bbef8e01b61b372d4a29088b_LA Asociación de Hosteleiros e Productores de Xamón da Cañiza, pretende valorar e difundir a riqueza cultural e musical da nosa terra, a través deste primeiro concurso folclorico, contribuindo así o coñecemento e difusión da riqueza cultural da que contamos.

1. PARTICIPANTES:
Poderán concurrir todas aquelas persoas de calquer idade, aficionados ou profesionais do folclore galego, residentes ou non no Concello de A Cañiza.

2. OBXECTIVOS ESPECIFICOS:
Entablar lazos de amizade e confraternidade entre os diferentes grupos da rexión.
Promover e difundir o folklore rexional mantendo os valores artísticos dos nosos pobos.
Incentivar o traballo artístico a través dos valores de responsabilidade, colaboración, solidaridade, desenrolo cultural e identidade.

3. TEMATICA:
O concurso ten unha categoría de tematica folclorica galega, da danza rexional e a música tradicional.

4. PRAZO DE PRESENTACION:
Entrarán a concurso aqueles grupos que se inscriban antes do vindeiro 20 de xaneiro de 2013. Esa mesma semana os grupos recibirán a notificación do horario no que actuarán.

5. LUGAR DE INSCRIPCIÓN:
Os diferentes grupos poderán inscribirse no seguinte tlf: 699 877 593
Ou no correo: cazafolclore@hotmail.com

6. REQUISITOS DOS GRUPOS:
Deberán contar cun minimo de 3 parexas e un maximo de 5. Unha cantidade maxima de 2 bailes e unha peza musical, contando cun maximo de 20 minutos por grupo. Valorarase a vestimenta, a beleza do baile e a musica.

7. INSCRIPCIÓN:
Para a inscripción dos grupos deberanse abonar 20€. Este abono farase en calquer oficina do banco Banesto no seguinte nº de conta: 0030-6063-53-0000429271
8. PROCESO DE SELECCIÓN:
O sabado dia 26 de xaneiro, a partir das 17:00h, durante a celebración da II festa gastronomica da caza actuarán os inscritos. O xurado valorará os diferentes grupos e media hora despois da ultima actuación darase o veredicto.
A entrega de premios será esa mesma noite.
O xurado estará composto por catro persoas de relevancia no mundo da cultura tradicional. Farase publico o nome dos xurados unha vez remate o prazo de inscripción dos grupos.

A decisión do xurado será definitivo e inapelable.
O xurado poderá deixar deserto algún dos premios por falta de calidade ou de grupos.

9. PREMIOS:
A comunicación do fallo dos grupos premiadas farase o mesmo dia da entrega de premios.
Establecense os seguintes premios:

1º Premio: 400€ + trofeo
2º Premio: 200 € + trofeo
3º Premio: 100 €+ trofeo

10. ACEPTACIÓN:
A participación neste concurso folclorico implica o coñecemento e aceptación das bases do concurso. Calquer incumprimento das mesmas pode ser obxeto de descalificación.

Todos os datos persoais dos participantes, en cumprimento da Lei Orgánica 15/99 do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, estarán incluidos no ficheiro pertencente a Asociación de hosteleiros e productores de xamón da cañiza, coa finalidade exclusiva de facilitarlle información sovbre as actividades da Asociación de hosteleiros e productores de xamon da cañiza. Pode ejercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición por escrito a Asociación de Hosteleiros e Productores de Xamón da Cañiza (rua progreso 21, a cañiza).

INFORMACIÓN E CONTACTO.
A presente base legal do concurso permanece impresa na Asociación de Hosteleiros e Productores de Xamón da Cañiza (rua progreso 21, A Cañiza), e no concello de A Cañiza para a sua consulta.

Tamén se poden descargar as bases en:
www.caniza.org
www.hosteleiroscañiza.es

Consultas en mail:
cazafolclore@hotmail.com
tlf: 699 877 593

Los comentarios están cerrados.